CRTVG

Buscar

Sete feridos, catro deles graves, tras unha pelexa entre bandas latinas en Madrid

Publicado o 01/10/2019 16:37

Utilizaron escopetas, machetes e coitelos nunha pelexa. Non foi no Bronx. Pasou en Vallecas esta noite. Unha pelexa entre bandas latinas que deixa sete feridos, catro deles graves e 9 persoas detidas.

A liorta comezou contra as once e media da noite, cando os integrantes dunha das bandas foron á busca dos membros dun grupo rival, o que se coñece nestes ambientes como a 'caída'.

Cando deron con eles comezou unha liorta multitudinaria en que se empregaron armas de fogo, machetes e coitelos.

A pelexa continuou por varias rúas do distrito de Vallecas e rematou con catro feridos graves. Ademais, fontes médicas informaron de que houbera que ingresar outros tres feridos leves. A policía detivo nove persoas, con idades comprendidas entre os 16 e os 23 anos.

Todos os implicados pertencen ás bandas latinas Dominican Don't Play e os Ñetas. O Goberno madrileño recoñeceu a súa preocupación pola profileración destes grupos.