CRTVG

Buscar

Sete detidos nunha operación contra o tráfico de drogas en Carballo

Publicado o 04/06/2020 23:03
Sete detidos nunha operación contra o tráfico de drogas en Carballo

A Garda Civil detivo sete veciños da localidade coruñesa de Carballo por un suposto delito de tráfico de drogas e pertenza a grupo criminal dedicado á venda de estupefacientes. A investigación, desenvolta por axentes de Carballo, comezou en outubro pasado, cando detectaron un aumento de drogodependentes nesta localidade, segunda informa este xoves a Benemérita.

As pescudas leváronos a rexistrar tres domicilios, onde acharon 8.802 euros, 380 gramos de heroína, 42 gramos de heroína, 6 gramos de metanfetaminas, 435 gramos de substancia de corte, unha pistola do calibre 6,35, unha escopeta 12/70, 194 cartuchos, un machete, unha defensa extensible, varias armas brancas, tres básculas de precisión e diverso material informático.

Durante o rexistro nun dos inmobles, os agora detidos tentaron tirar a droga polo desaugadoiro do baño, por iso os axentes romperon a fosa séptica para recuperar unhas bolsas con droga. No operativo participaron axentes da USESIC da Coruña e do GRS7 de Pontevedra, debido ao perigo dos detidos, e o can do equipo cinolóxico co seu guía, subliña a Garda Civil.

Tres dos detidos vivían no lugar dos Pinos, dous en Ponte Rosenda e dous en Cemiterio Vello. Tres deles ingresaron en prisión por orde xudicial.

Noticias web

04/06/2020