CRTVG

Buscar

Sete detidos polo roubo de máis de dous millóns de euros en xoias nun taller de Barcelona

Publicado o 02/11/2019 13:18

Axentes da Policía Nacional e dos Mossos d'Esquadra detiveron sete ladróns como presuntos autores do roubo de máis de dous millóns de euros en xoias nun taller de Barcelona.

A investigación comezou en febreiro, tras realizaren un burato na parede desde un cuarto de contadores situado nun portal lindeiro cun taller de xoiería.

Xa no interior deste, e como amosan estas imaxes, forzaron unha caixa forte metálica de cuxo interior subtraeron alfaias, reloxos, material e diñeiro en efectivo, por un valor total de máis de dous millóns de euros.

A banda estaba formada por verdadeiros expertos na desactivación remota de alarmas e no manexo de ferramentas capaces de furar cámaras acoirazadas de máis de dez centímetros de espesor.

Noticias web

02/11/2019