CRTVG

Buscar

Sete de cada dez eventos deron o salto ao mundo dixital

Publicado o 20/05/2020 21:09

A pasada fin de semana estreouse A Ponte dos Concertos, un servizo que lles permite a grupos e artistas chegar ás casas dos seus seguidores con actuacións en directo vía streaming.

 Fernando Barroso Músico: "Despois do boom inicial, creo que este tipo de formatos, cunha produción e unha billeteira, van establecerse nos próximos tempos e probablemente convivan no futuro con outros eventos físicos".

O ferrolán Fernando Barroso dará un concerto este xoves. As actuacións emítense a través da web apontestudio.com e das redes sociais do artista. Cóbrase entrada, o concerto non se grava e emítese unha soa vez.

Algunhas feiras tradicionais volvéronse tamén virtuais. A pasada semana Culleredo celebrou a súa feira de artesanía nas redes sociais.

Pablo Bouza, xefe de servizo da Concellería de Cultura de Culleredo "Participarion unha vintena de artesáns. O que se fixo foi emitir ao longo de dez días dous vídeos de cada un dos artesáns en que amosaban o seu traballo. Ademais daban a posibilidade a veciños de Culleredeo e comarca de que puidesen comprar os seus produtos".

17.000 persoas seguiron polas redes sociais a feira de artesanía de Culleredo.
 

Noticias web

20/05/2020