CRTVG

Buscar

Sesión vermú e festa de disfraces no barrio coruñés de Eirís

Publicado o 19/04/2020 14:58

Onde si están de festa é no barrio de Eirís, da Coruña. Os veciños respectan a norma e quedan na casa, pero tiraron de fondo de armario e armáronse con toda a artillería do Entroido. Lidia Sueiro canta habitualmente nunha orquestra. Coa crise do coronavirus non pode traballar, pero non perde o espírito verbeneiro.

 Nas redes sociais convidou a toda a súa rúa a unha sesión vermú un tanto especial. A premisa era disfrazarse, e todos cumpriron. Desde a súa ventá, Lidia puxo a voz e os demais as ganas de troula.

 

Noticias web

19/04/2020