CRTVG

Buscar

Sesenta condutores multados ao día en Galicia por distraccións, a maioría por usar o móbil

Publicado o 27/09/2019 14:19

Un camioneiro conduce tranquilamente mentres está a comer un iogur, é unha das imaxes máis impactantes recollida na última campaña da DXT dedicada a vixiar as distraccións ao volante.

En Galicia, os axentes formularon máis de 400 denuncias por infraccións deste tipo, é dicir, unhas 60 ao día. O principal motivo de distracción é o teléfono móbil.

A multa polo uso do móbil ao volante é de 200 euros e a retirada de 3 puntos do carné. A DXT estuda ampliar esta sanción aos 6 puntos.

Estudos recentes indican que os galegos somos os que máis empregamos o móbil mentres conducimos, o 54% admite facelo. O uso indebido dos teléfonos ao volante produce ao ano en España case 8.000 accidentes con vítimas, en que morren preto de 400 persoas.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/09/2019