CRTVG

Buscar

Serven a máis de 2.000 metros de altitude os ovos máis caros de Galicia

Publicado o 06/02/2020 18:51
Serven a máis de 2.000 metros de altitude os ovos máis caros de Galicia

Os ovos ecolóxicos do galego David Sueiro forman parte das cociñas do chef Martín Berasategui e do comedor do grupo Inditex. Pero a súa fama aínda vai máis alá, pois servíronse a máis de 2.100 metros de altitude, concretamente na estación de esquí de Grandvalira (Andorra).

Os ovos "máis caros do mundo" presentáronse nunha xornada gastronómica impulsada polo Snow Club Gourmet. O evento combina a alta cociña e o esquí e xa vai pola súa cuarta edición. Os inscritos puideron saborear os produtos de Galo Celta. 

O propio Berasategui afirmou que paga dous euros por cada ovo e incorpóraos ao seu menú de alta cociña. 

David Sueiro, o seu creador, di que está orgulloso do seu traballo e asegura que os seus galos non se venden ata o sétimo mes de vida, cando "a maioría o fai en 21 días".

Estes ovos veñen de galiñas que teñen 18 meses porque a partir de aí, di Sueiro, "teñen moita menos auga e son máis untuosos".

Xa exportan ao Xapón e a outros países do centro de Europa, e entre os seus clientes están tendas especializadas e restaurantes de gastronomía.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí