CRTVG

Buscar

Sergio, sobre Aspas: "Iago Aspas dálles esa calidade e esa pausa que fai mellores o resto"

Publicado o 26/02/2021 15:38

O adestrador do Real Valladolid, Sergio González, advertiu este venres de que o seu próximo rival, o Celta de Vigo, é "un bo equipo" que con Iago Aspas "convértese en grandioso". "É un xogador determinante: dá asistencias, desborde e goles", afirmou. O cadro galego "ten laterais ofensivos, fútbol por dentro, son verticais e, ademais, Iago Aspas dálles esa calidade e esa pausa que fai mellores o resto", engadiu.

O obxectivo do Real Valladolid, para este importante choque do domingo, é "seguir dando pasos cara adiante, deixar pouca distancia entre liñas, tapar os pases por dentro e quitar a acción de perigo desde esa posición, tratando de facer dano nas súas debilidades, con personalidade e enerxía suficientes".

Para esta cita, Sergio González non poderá contar con Pablo Fervías, Marcos André, Raúl Carneiro e Kiko Olivas, nin tampouco con Waldo, que conta con permiso do club por cuestións persoais, pero recupera ao Yamiq "non para saír de inicio pero si para xogar vinte ou trinta minutos se fose necesario", explicou.

Noticias web

26/02/2021

Máis sobre actualidade