CRTVG

Buscar

Sergio queda como o único porteiro san logo da lesión de Iván Villar

Publicado o 25/11/2019 21:35
Sergio queda como o único porteiro san logo da lesión de Iván Villar

E acumúlanse as malas novas na portería do Celta. Despois da lesión de Rubén a semana pasada, agora o que se lesiona é o terceiro porteiro. Os servizos médicos do Celta confirman que Iván Villar fracturou o menisco externo da perna esquerda e terá que recibir unha artroscopia. Pode estar varios meses de baixa.

Pero aínda hai máis. O porteiro do filial, Álvaro Fernández, tamén se lesionaba hai unhas semanas. Polo que o movemento de porteiros de categorías inferiores está xerando todo un quebracabezas para todos os equipos do Celta.

Noticias web

25/11/2019