CRTVG

Buscar

Sergio Prieto: "Haberá unha recuperación económica en pouco tempo"

Publicado o 11/05/2020 12:44

Qué sector tirará da economía? As previsións para este e o próximo ano auguran baixadas do PIB importantes. As exportacións comportáronse ben ata que chegou a pandemia. Será vital recuperar os nives que tivo nos dous primeiros meses deste ano.

Sergio Prieto, o delegado do ICEX, Instituto de Comercio Exterior en Galicia, amósase optimista: "Pódese saír desta. Estamos sufrindo unha pandemia mundial que hai máis de cen anos que non sufriamos. Antes a economía estaba funcionando ben. No sector exterior os datos eran bos. Entendemos que isto pode supoñer unha parada importante, pero temporal. Haberá unha recuperación económica".

Prieto salienta a importancia do sector da exportación: "A exportación xa foi moi importante na anterior crise de 2008. Hai que darse de conta de que a anterior foi unha crise económica e esta é unha crise sanitaria con consecuencias económicas. Pero tamén temos que coidar moito a importación. A importación crea postos de traballo, crea empresas... E tampouco nos podemos esquecer da importancia de traer investidores".

Noticias web

11/05/2020