CRTVG

Buscar

Sergio ou Rubén, a decisión para a portería está en mans de Óscar García

Publicado o 05/12/2019 16:16

Sergio e Rubén saben que os obxectivos do Celta pasan por deixar a portería a cero. Nos últimos partidos, o Celta recuperou a solidez defensiva. Sergio saíu do banco e contestou con profesionalidade á confianza.

Rubén recibirá mañá a alta médica. Queda por saber quen ocupará o marco celeste en Butarque. Sergio púxolle difícil a decisión a Óscar García. Tras case un ano sen xogar, cumpliu á perfección os dous partidos nos que recuperou a titularidade.

O equipo recuperou a confianza pero mantén a cautela na súa visita ao Leganés.

Gañar para poder sair do descenso. A salvación está a dous puntos.
 

Noticias web

05/12/2019