CRTVG

Buscar

Sentenza do TS: os concelleiros tránsfugas non poden asumir novos cargos o retribucións que antes non exercían ou percibían

Publicado o 27/10/2020 21:24

O Tribunal Supremo dita unha sentenza en que fixa como doutrina que os concelleiros tránsfugas non poden asumir novos cargos o retribucións que antes non exercían ou percibían e que "impliquen melloras persoais, políticas ou económicas".

A Sala do Contencioso interpreta que os dereitos económicos e políticos dun concelleiro non adscrito non poden ser superiores aos que lle corresponderían se permanecese no grupo. Fai este pronunciamento nunha sentenza sobre un caso de transfuguismo no concello de La Font de la Figuera, en Valencia, tras as eleccións de maio de 2015.






 

Noticias web

27/10/2020