CRTVG

Buscar

Senta no banco dos acusados un responsable bancario de Entrimo por suposta estafa de 1,5 millóns de euros

Publicado o 18/09/2019 13:25

Un director de banco sentou hoxe no banco dos acusados por unha suposta estafa aos seus clientes de máis de 1,5 millóns de euros.

O home era o responsable dunha oficina bancaria de Entrimo. Segundo consta no relato da fiscalía, Ganaba a confianza dos seus clientes entregándolles documentación falsa sobre as súas contas bancarias. Así, logrou facerse con importantes cantidades de cartos.

Está acusado de apropiación indebida e de falsidade documental. A fiscalía solicita para el unha pena de seis anos de cárcere, ademais do millón e medio de euros de responsabilidade civil.

Os feitos aconteceron no ano 98, e a suposta estafa durou máis de 15 anos. A maior parte dos afectados xa foron indemnizados polo banco.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/09/2019