Senra gaña o Rally Sur do Condado
Publicado o 14/07/2019 15:21
Vitoria sensacional, case épica, de Víctor Senra no Rally do Sur do Condado. Malia sufrir unha picada e perder bastante tempo, logrou remontar e gañar no último momento para consolidar o seu liderado. Segundo foi Manuel Fernández e terceiro Alberto Meira. Iago Caamaño non puido rematar o rally.