CRTVG

Buscar

Sen novidades na busca do mariñeiro desaparecido nas Cíes

Publicado o 28/02/2020 20:29

Quinta xornada de busca do mariñeiro desaparecido no naufraxio do Marsua J que rematou sen ningunha novidade. Os compañeiros de Jorge Emilio Martín recolleron os palangres do seu barco nas inmediacións das Cíes. No operativo participaron as embarcacións de Salvamento Marítimo Salvamar Mirach, da Garda Civil Corvo Mariño e Punta da Guía do servizo de Gardacostas. Nesta xornada tampouco puideron actuar os mergulladores e o mal tempo dificultou os labores de busca.

 

Noticias web

28/02/2020