CRTVG

Buscar

Sen fútbol en Francia ata setembro

Publicado o 28/04/2020 22:09

En Francia dan por finalizada a temporada. Non haberá máis futbol por mandato do Goberno. Non haberá deporte profesional en Francia ata o mes de setembro, así que, a liga francesa queda en deserto. A federación francesa debe agora decidir que sucede co título de campión, as prazas europeas e os ascensos e descensos. Esta decisión tamén pode afectar á Champions, na que o París Saint-Germain e o Olympique de Lión seguen con vida. O PSG, clasificado para cuartos de final, xa anunciou que xogará ainda que sexa no estranxeiro.

Noticias web

28/04/2020