CRTVG

Buscar

Sen festas nin verbernas á vista, as perdas do sector pirotécnico achéganse ao 100%

Publicado o 28/05/2020 16:19

Haberá que agardar aínda para que os espectáculos pirotécnicos regresen ás vilas e cidades de Galicia.

A pandemia obrigou a cancelar festas e verbenas, un golpe duro para as 14 empresas que integran a asociación galega de industrias pirotécnicas.

Os pedidos fóronse anulando un tras doutro e os almacéns están agora ata o seu límite de bombas de palenque e fogos artificiais que ningunha comisión de festas necesita.

Sen verbenas á vista, as empresas pirotécnicas galegas teñen os seus 110 traballadores en ERTE, e agardan con certa esperanza que a desescalada lles chegue tamén a eles antes de dar por perdido o ano.

 

Noticias web

28/05/2020