CRTVG

Buscar

Eloy pide intensidade para gañar en Albacete

Publicado o 09/11/2019 15:13

O Lugo viaxou a Albacete co ánimo reforzado polo triunfo ante o Raio Vallecano que lle permitiu saír dos postos de descenso e encarar o futuro con optimismo.

Eloy Jiménez. Adestrador do C.D. Lugo. "O partido do outro día ten que sacarnos cousas moi positivas como ver que eres capaz de gañarlle a un grandísimo equipo, eso ten que axudarnos a saber que podemos tamén con eles."

Os lucenses terán enfronte a un Albacete imbatido en oito dos catorce partidos disputados, pero que na súa casa só marcou catro goles cos que sumou dez puntos.

Eloy Jiménez. Adestrador do C.D. Lugo. "Un equipo que compite moi ben, que rendibiliza moi ben os goles, que ten un fútbol directo porque ten xente poderosa. É un rival que cando chega a campo contrario xera moitas situacións por fóra porque ten capacidade de sacar centros e conta con moito poderío no remate."

Con eses condicionantes, Eloy ten claro o plan de choque para enfrontarse aos manchegos.

Eloy Jiménez. Adestrador do C.D. Lugo. "Competir, ser un equipo intenso, gañar duelos porque o Albacete é un equipo que domina tamén eso. Se é así, teremos bastantes opcións de gañar o partido."

Todo eso nun día especial para o técnico lucense na volta a súa casa.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/11/2019