CRTVG

Buscar

Os traballadores de Alcoa inician contactos para negociar o seu futuro

Publicado o 01/06/2020 14:15

Día de reflexión e reunións, logo dunha xornada convulsa nas rúas, esta que ven foi a primeira concentración multitudinaria das que figuran na axenda dos próximos días. Comezou a conta atras. O mércores haberá unha cita clave con representantes do Ministerio de Industria. Os traballadores queren que se reactive a mesa multisectorial de Alcoa, insisten en que agora o urxente é intervir a fábrica e acto seguido establecer un marco enerxético estable que dea viabilidade á factoría.

"A solución está clara o estatuto, que logo lle sirva ou non a Alcoa xa se verá, mentres tanto teñen que intervir a fábrica", manifestou Alberto Pulpeiro do Comité de Empresa. Os representantes das empresas auxiliares tamén estarán nestes encontros. Están unidos nesta loita. O peche da planta de alumnio deixaría na rúa 400 destes traballadores.

"Nos traballamos man a man cos compañeiros de Alcoa, dentro das instalacións de Alcoa, todas as nosas xornadas laborais a quenda completa", di Quique Rocha, voceiro dos traballadores das empresas auxiliares.

Avisan de que veñen días axitados de moito ruído para salvar a fábrica e a comarca.

Noticias web

01/06/2020