CRTVG

Buscar

Semáforo vermello nunha praia da Coruña que alcanzou o máximo da súa capacidade

Publicado o 11/07/2020 21:15

O semáforo da praia do Matadoiro cambiou de verde a vermello pasadas as cinco e media da tarde. Foi a única que alcanzou hoxe o máximo da ocupación permitida na Coruña. Coa marea baixa, non houbo problema para atopar oco sobre a area do Orzán e de Riazor. Aos bañistas non lles custou afecerse a este control que mide en tempo real o nivel de ocupación das praias urbanas.

Aínda que o sistema de semáforos fai que algúns busquen alternativas fóra da cidade, por exemplo, na praia de Mera, no municipio veciño de Oleiros. Aquí o concello optou por non limitar os accesos aos areais e confiar no sentidiño da xente. Mañá virá outro día de calor e de praia.

Noticias web

11/07/2020