CRTVG

Buscar

Selado en Arzúa o único boleto de seis acertos do sorteo da Primitiva do xoves

Publicado o 18/10/2019 08:43

Había unha vez alguén que convertía en ouro canto tocaba, e non era feliz, pero a Administración número 1 de Arzúa, O Rei Midas, si que repartiu ledicia ao premiado cun millón 600.000 euros, da Primitiva do xoves.

Entusiasmo por querer ver os soños nos ollos da xente e un historial de premios, o máximo éxito desta administración, de 14 millóns e medio de euros.

Este novo afortunado, cun pleno na combinación de seis acertos, seguro que non segue o conto do rei Midas, estará a celebrar a súa boa sorte.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí