CRTVG

Buscar

Selado desde un helicóptero para evitar novos incendios en Zaldibar

Publicado o 23/02/2020 21:28

A sobreexplotación do vertedoiro de Zaldibar, que amoreaba lixo a un ritmo excesivo, está enriba da mesa como a hipótese que cobra máis forza para explicar o derrubamento. Ademais, nun contexto próximo ás eleccións autonómicas no País Vasco, non faltan as voces que sinalan que fallaron os controis administrativos.

Mentres, este domingo un helicópetero vertía unha substanacia biodegradable mesturada con auga que produce unha escuma coa que se están selando as zonas de difícil acceso. Deste xeito trátase de evitar que os focos de lume se volvan reactivar ao faltarlles osíxeno.

Zaldibar está a condicionar a axenda política vasca menos de mes e medio antes dos comicios, e hoxe o lehendakari Iñigo Urkullu facía autocrñitica en diversos medios de comunicación de Euskadi. Recoñecía que está pasado polo momento máis difícil desde que accedeu á presidencia vasca e que o que máis pesa é a dor da familia das vítimas.

A busca dos dous desaparecidos continuou este domingo nunha nova área grazas aos accesos creados nos últimos dous días, pero desde o Goberno vasco recoñecen que se avanza a un ritmo menor do desexado.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/02/2020