CRTVG

Buscar

Seis voos cancelados na primeira xornada de folga de Ryanair

Publicado o 01/09/2019 14:42

Canda os Madrid-Santiago, os outros catro voos cancelados pola folga de tripulantes de cabina de Ryanair son os de ida e volta entre Barcelona e Milán, e Barcelona e Sevilla. No resto, a normalidade foi absoluta e alguns lixeiros atrasos atribúenos desde os sindicatos a unha caída de sistema dos controladores franceses.

Segundo os convocantes, o seguimento da folga está sendo do cen por cento entre os traballadores non incluídos nuns servizos mínimos que cualifican de abusivos; con acusacións a Fomento de connivencia coa empresa.

Dixo Lidia Arasanz, portavoz de USO: "Fomento está xirando a cara aos traballadores, e está axudando a esta empresa a non cumprir a lei española e, unha vez máis, demostrouse cos servizos mínimos que ditaron".

A mobilización contra o peche de catro bases operativas españolas continuará con folgas mañá e todas as fins de semana de setembro, nas que, ademais, se sumarán os pilotos. En total, son 512 os postos de traballo que fai perigar a intención de levar eses avións, por medio de filiais, a países como Malta e Polonia, onde a lexislación laboral e os salarios permitirán que Ryanair multiplique os seus beneficios.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/09/2019