CRTVG

Buscar

Seis mortos e 45 feridos na vaga de incendios en California

Publicado o 25/08/2020 13:47

En Califormia continúan sen control os incendios que deixaron xa seis vítimas mortais e 45 persoas feridas no que é xa un dos peores veráns da historia deste estado.

Milleiros de efectivos traballan nas zonas afectadas para controlar uns incendios provocados, moitos deles, polas tormentas con aparato elétrico que están caendo sobre a zona.

As autoridades advirten de que as previsións meteoloxóxicas son complicadas e pode ser necesaria a evacuación de moitos residentes.

Noticias web

25/08/2020