CRTVG

Buscar

Segundo incendio en Coia en 24 horas, agora no polideportivo do barrio

Publicado o 15/03/2019 12:55

En plena madrugada, a Policía Local avisou os bombeiros de Vigo porque saía unha intensa fumareda deste pavillón de Coia, unha dotación deportiva usada por moitos clubs de veciños do barrio. Cando chegaron os efectivos contraincendios e puideron entrar, as instalacións xa estaban cheas de fume.

Segundo os bombeiros, o lume comezou nun equipo de refrixeración e púidose deber a un problema eléctrico. As lapas afectaron vestiarios, instalación eléctrica, subministración de auga e mesmo o falso teito. Polo que toda a actividade deportiva que se desenvolve neste pavillón deberá ser suspendida ou resituada.

Os labores de ventilación e revisión de danos aínda continuaban esta mañá.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/03/2019