CRTVG

Buscar

Segundo día do Festival da Luz, con actuación da anfitroa, Luz Casal

Publicado o 07/09/2019 22:02

Media tarde. Entre leiras de millo e pacas de palla, milleiros de persoas e tres escenarios. Nun actúa outro galego de sona.

Cepeda reúne ao pé do escenario as súas seguidoras máis leais. Algo máis atrás mestura doutras xeracións que escoitan, bailando ou en repouso, a música que vai soando ao longo da tarde.

Esperando espectantes a actuación da nosa madriña, non? Moi contentos, cheo total. Esperamos unhas 10.000 persoas esta noite para o concerto de Luz Casal, e nada máis. Que imos dicir? Dicía, orgulloso o produtor do festival, Farruco Castromán

Porque o festival da Luz deixa espazo para todos, para a música dos máis próximos e dos que veñen de fóra.

"Onte de concerto fomos ver a Celtas Cortos. E hoxe imos ver a banda de Arzúa, que somo de Arzúa e hai que ver o que é noso", di esta moza.

"A actuación de Luz, por suposto. Este ano déronnos unha alegría".

"Eu é o cuarto ano que veño. O que máis me gusta é estar coas amigas aquí e ver os concertos", di esta rapaza.

E todo por dúas boas causas: este ano a recadación vai para Asanog, un colectivo creado por pais de nenos con cancro e para Anxiños.

"Anxiños é unha asociación sen ánimo de lucro, para axudar os nenos cunha doenza mental. A miña ilusión é que os nenos diferentes non sexan uns maiores indiferentes", di Ruth Gómez, presidenta desta asociación.

E por estas boas causas, solidarias, pasarán aínda moitos artistas polos escenarios ata mañá ao serán.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/09/2019