CRTVG

Buscar

Segundo caso de afogamento nunha semana

Publicado o 18/06/2019 12:03

A morte da pequena de Nigrán súmase a unha traxedia semellante acontecida hai unha semana en Salceda de Caselas. Un pequeno de 18 meses precipitouse á piscina da casa familiar. Daquela, axentes da Policía Local practicáronlle as manobras de primeiros auxilios ata que chegaron os especialistas sanitarios nun helicóptero mobilizado polo 112. Finalmente, trasladado nunha ambulancia escoltada pola Garda Civil, ingresou en estado de extrema gravidade na UCI do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, onde faleceu tres días despois.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/06/2019