CRTVG

Buscar

Segunda xornada en Vigo do xuízo contra dous homes por sedar e desvalixar 5 varóns

Publicado o 18/09/2020 15:00

Segunda xornada en Vigo do xuízo contra dous homes por sedar e desvalixar 5 varóns. O principal acusado, que quedaba con eles a través de Internet, admitiu os roubos de xoias, diñeiro e tarxetas de crédito na casa das vítimas, pero negou que os drogara. Pola súa banda, os afectados, que prestaron declaración no xuízo, afirmaron que tras citarse co home perderon completamente a consciencia, e que ao día seguinte atoparan restos de benzodiacepinas no seu sangue. O outro acusado, que supostamente vendía os obxectos subtraídos, negou os feitos. A fiscalía pide 24 anos de prisión para o principal procesado e 3 para o cómplice. O xuízo quedou visto para sentenza.

Noticias web

18/09/2020