CRTVG

Buscar

Seguen as protestas en Serbia polas restricións para impedir a expansión dos contaxios

Publicado o 09/07/2020 08:48

Segunda noite de protestas en Serbia contra as novas restricións anunciadas polo Goberno para impedir a expansión dos contaxios por coronavirus.
En Belgrado, a policía utilizou gases lacrimóxenos para dispersar os manifestantes que intentaron asaltar a sede do Parlamento.
Na cidade de Novi Sad, os disturbios concentráronse diante da Casa do Concello e das sedes da televisión pública e do partido no Goberno.
As infeccións por coronavirus aumentaron nas últimas semanas en Serbia, que rexistra máis de 17.000 contaxios e case 350 falecidos.

Noticias web

09/07/2020