Segunda etapa de Vázquez no Deportivo
Coa volta de Fernando Vázquez o Deportivismo confía na conexión entre o técnico de Castrofeito e a bancada. As súas carreiras pola banda, o seu berro de guerra... volverán a ser o faro que guíe ao cadro herculino.
Hai un lustro... Fernando Vidal apostaba por Vázquez para unha nova milagre: un ascenso co que poucos contaban.
A aposta, meses despois, non rematou ben.
As súas verbas nunha charla informal en Arzúa non gustaron.
Fernando Vázquez: " A primeira opción podería ser bomba, pero sempre imos a co¡nco ou a seis ou a sete".
O técnico tratou de explicarse...
Fernando Vázquez: "Nunca critiquei ao consello de administración".
E volveu explicar a súa posrtura.
TOT. Fernando Vázquez: "Eu tamén fun opción dúas, ou tres... e non me cabreo".
Pasou o tempo e novo consello volve poñerse nas mans do adestrador que mellor correu a banda e que mellor conectou cos seareiros deportivistas. No 2013, antes do último ascenso, o Deportivo era cabeiro, a seis puntos da permanencia. Agora está a sete. Vázquez está de volta.