CRTVG

Buscar

Seguen aumentando os contaxios na área de Santiago

Publicado o 11/01/2021 14:52

O coronavirus avanza imparable na capital galega. 74 novos contaxios nas últimas horas e o número de casos activos supera unha nova marca: hai 1.679 persoas enfermas.

"En Nadal veu máis xente, reunironse non conviventes". "Estamos en exames imos meternos todos en aulas e cada un vén da súa casa". "O que non é normal son as reunións de 10 ou 20 persoas".

Os datos son malos na capital, pero tamén nos concellos da contorna. A evolución epidemiolóxica fai presaxiar que se endurecerán aínda máis as restricións.

"Deberían endurecelas e multar máis". "Bótolle a culpa á cidadanía". "A xente debería estar máis concienciada e non o estamos, e a cousa está crítica".

A hostalería, un dos sectores máis afectados polas medidas, asegura que os seus ingresos caeron ata un 80 por cento. Esta tarde volverán a saír á rúa para denunciar a súa situación.

"Estamos desesperados, urxentes as axudas necesitamos os cartos xa".

Para frear os contaxios detectando casos asintomáticos tamén se está a realizar un cribado entre os universitarios nesta volta ás aulas.

 

Noticias web

11/01/2021