CRTVG

Buscar

Seguen as críticas pola exhumación

Publicado o 25/10/2019 19:42

O Val dos Caídos reabriu este venres de xeito restrinxido. Ata o martes non se poderá acceder á esplanada e a basílica. O Goberno cre que desde onte o seu significado xa é outro.

Isabel Celaá, voceira do Goberno en funcións, di que "ese lugar xa sen o ditador so poderá entenderse como un altar adicado ao recordo e homenaxe das vítimas do odio"

Pedro Sánchez tivo que defenderse das críticas a unha exhumación que a algúns, como a Pablo Iglesias, parecéuselles moito a un funeral de estado.

Pablo Iglesias, secretario xeral de Podemos, critica: "como que sacar ao ex-ditador a ombreiros? Como que sacar ao ex-ditador cunha bandeira co escudo do ducado que lle concedeu Xoan Carlo I? Iso é unha vergoña democrática"

Para Pedro Sánchez, presidente do Goberno en funcións, "fíxose con respecto, pero o respecto non significa homenaxear a un ditador. Onte viuse unha familia recoller os restos do seu avó, levalos en medio do baleiro, do silencio, ante a atenta ollada do estado democrático"

E desde a dereita, insistían en criticar a cerimonia como unha cortina de fume.

Inés Arrimadas, de ciudadanos, di que "eu creo que á xente lle preocupa moito máis o futuro que o pasado, o traballo dos seus fillos ou netos que falar do que pasou hai 70 ou 80 anos"

Segundo Teodoro García Egea, secretario xeral do PP, "creo que Pedro Sánchez onte logrou que non se falase da EPA. Nin Pedro Sánchez nin ningún gobernante ten dereito a volver a reabrir algo que se pechou na transición"

A florista de Mingorrubio reforzou este venres a súa oferta. "Trouxemos máis rosas vermellas e amarelas do normal"

Pero, polo menos hoxe, o famoso novo inquilino non fixo subir as vendas.

Noticias web

25/10/2019