CRTVG

Buscar

Seguen activos 25 incendios en Asturias e Cantabria

Publicado o 04/03/2019 20:38

Asturias e Cantabria continúan sufrindo unha vaga de incendios. Un total de 25 incendios continúan activos arestora.

En Asturias, os labores de extinción concéntranse en cinco incendios localizados en varios concellos da comunidade. A Unidade Militar de Emerxencias traballa nalgún deles co apoio de dous helicópetros.

En Cantabria son 10 os incendios activos aínda. Desde mediodía están traballando medios aéreos na zona. 128 efectivos traballan por terra tamén na extinción, que o tempo complica. Os incendios xa extinguidos son os que afectaban o País Vasco.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/03/2019