CRTVG

Buscar

Seguen á alza os casos en Pontevedra, coa maior incidencia das sete cidades

Publicado o 26/11/2020 15:08

Ademais da evolución das residencias, os núcleos urbanos son os que máis preocupan. De entre as sete cidades galegas, Pontevedra leva dende o día 10 de setembro con restricións e aínda así, non baixan os contaxios.

Con 334 casos activos, polo momento as medidas aplicadas na cidade do Lérez non dan o resultado esperado.

Algúns pensan que é difícil cambiar os costumes. Para outros, detrás da alza do nivel de contaxios están os comportamentos irrresponsables.

Fronte á relaxación das medidas nalgúns concellos, Pontevedra está na outra cara da moeda, algo que preocupa pola proximidade das festas de Nadal.

O comité clínico mantén unha vixilancia especial no municipio.

Con 350 casos por cada 100.000 habitantes, Pontevedra é a única das sete grandes cidades galegas en que non se está reducindo a incidencia do virus coas restricións.

Noticias web

26/11/2020