CRTVG

Buscar

Segue o cribado en Vigo mentres a área sanitaria acada os 2.168 casos activos

Publicado o 28/11/2020 14:36

Dúas mil persoas desta parroquia que ven, a de Lavadores, están citadas esta fin de semana para facer unha proba PCR no Meixoeiro. Aqueles que teñen o médico neste centro recibiron un SMS esta semana. Esta é, pois, a primeira quenda deste sábado con 500 persoas vinculadas ao centro médico de Lavadores.

A fin de semana pasada estaban neste covidauto os de Sárdoma. Foran citados 2.000 pacientes e acudiron, porque o chamamento é voluntario, 1.490. Á chamada do Sergas de cada catro perosas tres dixeron que si e unha que non.

Paralelamente ás probas que se practican no Meixoeiro segue funcionando o covidauto do hospital Álvaro Cunqueiro. Este era o seu aspecto hai un momento. Aquí son chamadas as persoas susceptibles de ter coronavirus porque forman parte da rede de contactos dun positivo. Na área sanitaria de Vigo hai arestora 2.168 casos activos. Nas últimas 24 horas deron positivo por PCR 74 persoas. Respecto da presión hosipitalaria hai 63 persoas nas plantas de tres hospitais, POVISA, Fátima e Cunqueiro, e 18 nas unidades de coidados intensivos, quince deles no hospital Álvaro Cunqueiro.

Noticias web

28/11/2020