CRTVG

Buscar

Segue adiante o procesamento penal a Santi Mina e David Goldar por suposta agresión sexual

Publicado o 03/12/2019 14:46

Un xulgado de Almería acordou seguir adiante co procedemento penal contra os xogadores de fútbol galegos Santi Mina e Davi Goldar, por intento de agresión sexual. 

Os feitos denunciados aconteceron a mediados de 2017 na localidade de Mojácar. Segundo confirmaron fontes xudiciais, esta decisión da xuíza pon o xogador do Celta, Santi Mina e a David Goldar, que milita actualmente no Nastic de Tarragona, a un paso de ser xulgados por un presunto delito de agresión sexual.

A xuíza entende que hai indicios suficientes para seguir adiante cun procesamento penal aberto en xuño de 2017. Foi entón, cando unha moza denunciou na Garda Civil que Santi Mina intentara agredila sexualmente en Mojácar no interior dunha caravana onde estaba o tamén futbolista David Goldar.

Tras a denuncia, Mina foi detido e despois de declarar, nun xuízo rápido, quedou en liberdade. Tamén tivo que declarar David Goldar en calidade de investigado, aínda que se descoñece se foi como presunto colaborador ou por un delito de omisión de socorro.



 

Noticias web

03/12/2019