CRTVG

Buscar

Segue activo o incendio na serra da Silla en Murcia

Publicado o 31/08/2020 15:52

Segue activo o incendio que desde o sábado calcinou xa trescentas cincuenta hectáreas na serra da Silla en Murcia.

Setenta persoas dos concellos de Mula e Bullas continúan sen poder volver ás súas casas mentres seguen os labores de loita contra o lume, en que traballan máis de trescentos efectivos. Este incendio coincidía onte con outro declarado no municipio de Yecla que xa foi extinguido.

 

Noticias web

31/08/2020