Segue activado o aviso laranxa no litoral de Lugo e da Coruña por fortes ventos e ondas
Publicado o 02/10/2020 21:52
No paseo marítimo da Coruña os accesos ás praias están pechados e tamén á coiraza do Orzán. A forte ondada finalmente non chegou a alcanzar o paseo, pero si foi novamente un espectáculo para os que se achegaron ata Riazor.
As ondas superaron os 6 metros en prácticamente todo o litoral galego desde cabo Silleiro ata Estaca de Bares. Durante a xornada tamén se rexistraron intensos trebóns acompañados de fortes refachos de vento e unha baixada de temperaturas.
O aviso laranxa por ondas manterase activado en todo o litoral das provincias da Coruña e de Lugo ata o mediodía deste sábado.