CRTVG

Buscar

Sen novas dos dous kaiakistas desaparecidos en Porto do Son

Publicado o 20/07/2020 19:02

Dúas semanas despois, seguimos sen noticias dos dous kaiakistas desaparecidos na ría de Noia. Os labores de busca por terra, mar e aire non deron resultado. E os corpos, polo que parece, aínda non subiron á superficie. Pero os efectivos de salvamento, Protección Civil e os mariñeiros da zona seguen en alerta. Sen haber un dispositivo oficial organizado, todas as embarcacións e patrullas que traballan na ría vixían eses días a superficie da auga. Todos agardan que os corpos aparezan canto antes.

Noticias web

20/07/2020