CRTVG

Buscar

Óscar: "Se nós gañamos dá igual o que fagan os demais"

Publicado o 15/07/2020 20:28

O Celta afronta o partido máis importante. A permanencia pasa por unha vitoria en Balaídos ante o Levante. Unha final. Nada novo dende que chegou Óscar ao banco, segundo apunta o técnico celeste: "Cada partido é unha final, niso non vai cambiar moito porque grazas a pensar así sacamos moi bos resultados ante equipos moi bos e tan importante era o partido contra o Barcelona, contra o Sevilla, contra equipos que demos un rendemento moi alto e que mesmo gañamos coma o do xoves."

Nesa situación o factor psicolóxico pode ser fundamental. Hai moito en xogo e moita tensión. "O nivel de estrés no fútbol profesional sempre é alto pero somos profesionais, hai que saber controlalos hai que ter ferramentas", sinala Óscar.

A ferramenta máis valiosa da que dispón o Celta é que ten nas súas mans a salvación. Unha vitoria acabaría co sufrimento. "Dependemos de nós, gañámolo. Gañámolo durante moito tempo o depender de nós e iso é o máis importante. Se nós gañamos dá igual o que fagan os outros", lembra o técnico dos vigueses.
 

Noticias web

15/07/2020