CRTVG

Buscar

Óscar García tras empatar co Atlético: "Felicito a todos. Este é o camiño"

Publicado o 08/07/2020 10:43

Óscar García, adestrador do Celta, destacou este martes, tras o 1-1 contra o Atlético de Madrid, o alto nivel do seu equipo e indicou que "este é o camiño", á vez que recalcou que, cando o seu conxunto é "regular, é moi difícil de bater". "Na xogada do gol chegamos tarde ás axudas", admitiu o técnico, que lembrou que comentara "días antes do partido e na charla previa" o perigo do seu rival pola banda dereita, pola que se orixinou o 0-1 antes do minuto 1 de xogo, pero tamén resaltou a reacción do seu equipo.

"Cando o Atlético de Madrid marca tan pronto sabemos que é un equipo ao que é moi difícil crear ocasións. Creo que a primeira parte estivemos moi ben. Quero felicitar a todos os xogadores. Na segunda tamén deron un rendemento moi alto. Este é o camiño", engadiu.

Noticias web

08/07/2020