CRTVG

Buscar

Óscar García, sobre o Celta-Barcelona: "É un partido para xogar con moita personalidade"

Publicado o 30/09/2020 21:18

Tres meses despois, e coa mesma frialdade, Balaídos volve recibir o Barcelona. Con distintos protagonistas e sen a presión que tiñan os dous en xuño. Pero é un dos partidos do ano.

Óscar García: "É un partido para xogar concentrados e sobre todo con moita personalidade. Nada que ver co de xuño. Cambiaron de adestrador e de sistema, hai xogadores que xa non están, tamén no Celta".

Un deles é Rafinha, nin no Celta nin convocado co Barcelona: "Céntrome nos xogadores que teño e Rafinha non está. Ata o día 5 todo é posible".

O Barcelona non gaña en Balaídos desde que volveu Aspas en 2015. Desde entón fíxolle 7 goles.
E neste inicio pletórico do moañés, Óscar García quere que o equipo xogue para el, polo Celta e pola ilusión de Aspas: "Axudámoslle parta que poida estar cerca de ser seleccionado e estamos a conseguilo, creando un entorno moi favorecedor para sacar o mellor rendemento ó seu fútbol. Cando el está ben o equipo nótao".

Lástima de afeccionados que poidan ver en directo todo o talento reunido nun terreo de xogo.


 

Noticias web

30/09/2020