CRTVG

Buscar

Óscar García: "Quero un equipo forte na casa, un martelo mecánico"

Publicado o 18/09/2020 20:54

• Murillo entra na convocatoria para a estrea da temporada en Balaídos 

Murillo vai xogar contra o Valencia. Adestrouse co equipo en Balaídos, un día despois de chegar. Segunda PCR expres, incrición na Liga e coma se nunca marchara. Oscar García recupera a defensa pero segue cun só porteiro do primeiro equipo, Iván Villar, que en Eibar mantivo a porta a cero. Óscar García: "Mañá seguro que nos vai axudar Iván, despois seguiremos buscando. Total confianza nel, porque mañá vai xogar"
Kevin tamén está convocado aínda que é visible a vendaxe na man que escordou esta semana. O Celta quere amosar ante o líder a súa nova marca de identidade: "Quero ser un equipo forte na casa, coma un martelo mecánico, con ou sen balón"
A temporada pasada, contra o Valencia e na tamén na segunda xornada o Celta estreou a conta de vitorias. "É a hora de gañar", palabras de Okay, moi implicado.

 

Noticias web

18/09/2020