CRTVG

Buscar

Óscar García: "O vestiario ten moitas ganas de loitar polo escudo e dar alegrías á afección"

Publicado o 08/11/2019 21:30

Óscar García non quixo concretar cales son os dous ou tres conceptos novos que debe poñer en práctica o Celta mañá contra o Barcelona pero asegura que foron ben recibidos polos futbolistas.
Óscar García, adestrador do Celta: "O vestiario ten moitas ganas de loitar polo escudo e dar alegrías. Algúns deses conceptos xa os manexaron outros adestradores que estiveron aquí"
Insiste en que hai calidade e falta confianza. "Un equipo deste nivel técnico non ten que pelexar polo descenso pero só coa calidade non se compite"
No Camp Nou, aínda competindo ben, hai unha variable que non se pode controlar. "Podes facer un gran partido que chega Messi e crávache unha falta."
Máis alá do Camp Nou, un dos cometidos de Óscar García é reactivar a Iago Aspas. Outra vez quedou fóra da lista da Selección.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/11/2019