CRTVG

Buscar

Óscar García non dirixirá o Celta na Copa por un "tema persoal"

Publicado o 18/12/2019 20:45

Na primeira convocatoria de Copa a ausencia máis destacada é a de Óscar García. O adestrador non viaxa por motivos persoais.

Roger García, segundo adestrador, ocupará o seu sitio. 

Roger: "Está solucionando un tema persoal".

E non puido asegurar que Óscar García estea o domingo contra o Levante. Tampouco revelou quen vai ocupar a portería ante a Peña Azagresa. Dada a lesión de Sergio é un risco expoñer a Rubén antes de acudir ó mercado de inverno. 

"Os tres que viaxan teñen opcións. Veremos mañá que decidimos".

Quedan en Vigo Olaza, Araújo, Okay, Lobotka e Rafiña. Viaxan varios filiais, pero tamén xogadores importantes como Aspas, Sisto e Santi Mina. Unha convocatoria que celebrou en Twitter a Peña Azagresa, moi ilusionados coa visita do Celta. O equipo de Terceira División prepara unha festa no campo veciño do Calahorra.

Noticias web

18/12/2019