CRTVG

Buscar

Óscar García di que non ten que facer "borrón e conta nova" con Pione Sisto

Publicado o 29/05/2020 16:08

O adestrador do Celta de Vigo, Óscar García Junyent, asegurou este venres que o internacional danés Pione Sisto sabe que "non fixo o correcto" saltando o confinamento para regresar ao seu país durante o estado de alarma, pero tamén deixou claro que o xogador non recibirá máis castigo que a sanción económica que xa lle impuxo o club.

"Non teño que facer borrón e conta nova. Vai un pouco atrasado en canto a adestramentos, pero nin o club castigouno nin eu tampouco. Foron outros motivos. O que importa é que está a adestrarse connosco e esperemos que se poña ben fisicamente para tentar axudarnos nestes últimos partidos", explicou o técnico celeste.

Óscar García non cre que a posibilidade de facer cinco cambios vaia a beneficiar o seu equipo porque, ao seu xuízo, todos os equipos que loitan por evitar o descenso teñen "cadros parecidos" en canto a lonxitude. "As normas son para todos e chamamos a xogadores do filial".

 

 

 

Noticias web

29/05/2020