CRTVG

Buscar

Satisfacción sindical e críticas da patronal ante a proposta do Goberno para modificar a reforma laboral

Publicado o 09/09/2020 14:17

Hoxe foi unha xornada de reaccións ao anuncio do Goberno, para modificar a reforma laboral este mesmo ano. Din que queren facelo da man dos sindicatos, que aplauden a proposta, e tamén da patronal... Pero os empresarios cuestionan o momento e lamentan sabelo pola prensa. 

O Goberno quere derrogar algúns aspectos da reforma laboral antes de fin de ano co obxectivo, di, de crear emprego digno e mitigar o impacto da crise do coronavirus. A vicepresidenta primeira do Goberno, Carmen Calvo defende que é necesario "responder con algunhas modificacións de carácter laboral a un dos principais problemas que ten o noso país, que é a calidade do emprego que xeramos e o seu sostemento".

Retocarán a subcontratación, a modificación unilateral nas condicións de traballo e a ultractividade. Para manter a vixencia dos convenios mentres se negocian outros e suprimir a prioridade dos de empresa sobre os sectoriais. 

O secretario xeral de UXT Galicia, Jose Antono Gómez expresa o desexo de que "se abra xa esa folla de ruta que xa tiña que estar feitra e agardamos que conseguir algo que vimos demandando desde que se aprobou. Elimiar eses aspectos tan lesivos para os traballadoires e as traballadoras".

O presidente da CEOE foi taxante: "Nin son formas nin son tempos. Coa que está caendo, que se nos poña isto sobre a mesa de aquí a decembro, paréceme unha loucura". E mingua, di, na confianza que debe ter o diálogo social para a reactivación da economía.






 

Noticias web

09/09/2020