CRTVG

Buscar

Satisfacción en Sada: declaran A Terraza Ben de Interese Cultural

Publicado o 31/01/2020 17:31

Descríbenna como un supervivinte único da arquitectura recreativa do modernismo.

Agora, A Terraza acaba de ser declarada Ben de Interese Cultural coa categoría de monumento.

Este quiosco modernista de madeira foi trasladado desde A Coruña ata o paseo marítimo de Sada hai agora un século.

A declaración de Ben de Interese Cultural implica a súa máxima protección e tutela. Implica tamén que a súa utilización quede subordinada a que non se poña en perigo.


 

Noticias web

31/01/2020