CRTVG

Buscar

Sara Carbonero anuncia que foi operada dun cancro de ovario

Publicado o 21/05/2019 23:31

A xornalista Sara Carbonero anunciou este martes que foi operada dun tumor maligno de ovario, polo que se someterá a tratamento nos próximos meses. Nunha mensaxe na súa conta da rede social Instagram, a xornalista explica que o tumor foi detectado nunha revisión médica hai uns días, "cando aínda non nos recuperabamos dun susto", en referencia ao infarto que sufriu o seu marido, o futbolista Iker Casillas, o pasado 1 de maio mentres adestraba co seu equipo, o O Porto, na cidade portuguesa.

"Esta vez tocoume a min, esa palabra de 6 letras que aínda me custa escribir", indica Carbonero nesa mensaxe, onde asegura que está "tranquila e coa confianza de que todo vai saír ben".

"Afortunadamente, pillámolo moi a tempo, pero aínda quedan uns meses de loitas mentres sigo o tratamento correspondente", prosegue a xornalista, quen pide aos seus compañeiros de profesión "respecto e comprensión" nestes momentos "tan difíciles e delicados para min e a miña familia".

Na conta da citada rede social, Carbonero publicou tamén un poema de Haruki Murakami.

Noticias web

21/05/2019