CRTVG

Buscar

Saque de honra de Vero Boquete no seu estadio

Publicado o 17/12/2018 17:39

Pasamos por Pasarón, que asistiu á cuarta vitoria consecutiva dos homes que dirixe Luismi Areda. Triunfo con dedicatoria. A Javi López, que estará de baixa o resto de temporada por lesión. Triunfo que decidiu o penalti transformado por Kevin Presa ante o filial da U. D. As Palmas. O Pontevedra está igualado coa Leonesa e co Castela na terceira posición.

O Castela sucumbiu en Coruxo. Excepcional encontro do Coruxo, que remontou o encontro con goles de Juampa Barros que marcou coa perna de apoiar, a dereita. E de Fran Justo, a agradable sorpresa e aposta dos irmáns Montes para esta temporada. O Coruxo vive na zona tranquila, a catro puntos da promoción de ascenso.

Saque de honra de Vero Boquete no seu estadio

E aquí teñen a Vero Boquete no seu estadio. No Estadio Vero Boquete. Saque de honra no Compostela-Ribadumia, que gañou co Compostela por goleada. En Ferrol o Racing sufriu para superar o Laracha. Decidiu un gol de Garrido tras o saque de esquina de Pablo Rey. O Racing segue a catro do Bergantiños.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/12/2018